Asesorías

Contigo

Contido da páxina

Comprometernos contigo para mellorar

Queremos axudarche, darche o mellor servizo a ti e aos teus clientes. Propómosche un sistema de xestión para conseguilo entre todos:

Interlocutor único

A nosa comunicación debe ser áxil. Un dos nosos expertos ocuparase de xestionar e coordinar todo o necesario entre a túa asesoría e FREMAP: o teu xestor persoal.

  • Asistencia Hospitalaria
  • Rede de Centros
  • A. Sanitaria no Estranxeiro
  • Readaptación Profesional
  • Traballo Social
  • Psicoloxía
  • Prevención
  • Cursos
  • Caixas de primeiros auxilios
  • Asistencia Ambulatoria
  • Xestión do Absentismo
  • Bonus

Axudámosche potenciando a comunicación

Somos conscientes de que cos teus clientes debes actuar decontado, polo que che facilitamos información sobre os distintos asuntos que che competen:

  • Comunicación en liña de asistencias médicas, baixas e altas dos traballadores dos teus clientes e dos teus autónomos
  • Comunicación de xornadas, cursos, seminarios de interese, para ti e os teus clientes
  • Comunicación de informes estatísticos e gráficos
  • Comunicación de informes de absentismo

Axudámosche xestionando

Sabemos que o teu tempo é valioso, polo que facilitamos as túas xestións a través da FREMAP Online.

  • Tramitación ao Delt@ dos partes de accidente de traballo con baixa e sen baixa
  • Xestión asistida de baixas de autónomos
  • Obtención dos modelos T-10
  • Solicitude de caixas de primeiros auxilios en liña
  • Axuda asistida sobre custo de cotizacións dos teus autónomos
  • Soporte en pagamento delegado. Confirmámosche a base reguladora e todos os meses enviámosche o detalle de deducións do mes anterior

Sorprende os teus clientes

Sé proactivo e infórmaos sobre os incentivos económicos a obter da súa mutua. Moitos dos teus clientes cumpren os requisitos para ser acredores ao BONUS Esta ligazón abrirase nunha nova ventá (sistema de incentivos económicos aos investimentos realizados en materia de prevención).

  • Informámoste sobre cales dos teus clientes poden obter o BONUS correspondente ao ano anterior
  • Informámoste sobre cales dos teus clientes poden estar cumprindo os requisitos durante o ano en curso para animalos a investir
  • Asesorámoste en prevención, a ti e aos teus clientes
​​​​​