Accede á aplicación a través de https://fremapcontigo.fremap.es 
co navegador do teu ordenador ou dispositivo móbil. Tamén podes instalara no teu móbil desde os seguintes app stores.
Todos os servizos de FREMAP sempre contigo. 7 días á semana, as 24 horas, na túa casa (a través do ordenador) e agora tamén no teu móbil.
- Pomos á túa disposición un buscador de todos os Centros FREMAP por localidade ou código postal, así como a posibilidade de visualizaros nun mapa ou mediante realidade aumentada.
- Facilitámosche uns sinxelos pasos do que debes facer ante situacións de Accidente de traballo ou primeiros Auxilios.
- Se es autónomo, pomos á túa disposición unha completa calculadora que che permitirá coñecer a túa cota segundo o teu sector de actividade.
A través da túa Área Privada da aplicación FREMAP Contigo, poderás ter acceso aos seguintes servizos que pomos á túa disposición
- Consulta a túa Información Médica na FREMAP, con posibilidade de ver os teus informes médicos e as túas citas.
- Configura Alertas Persoais que recibirás na túa caixa de correo ou por SMS.
- Liña directa co teu Interlocutor e o teu Traballador Social da FREMAP .
- Visualiza e lembra as túas próximas citas.
- Descarga ou solicita en calquera momento os teus informes médicos.
- Comunicache máis rápida e directamente coas persoas de FREMAP que che asignaron.