Autónomos

Asistencia Sanitaria no Estranxeiro

Contido da páxina

A continuación detallamos os pasos que hai que seguir se un traballador é desprazado pola empresa ao estranxeiro.

Tamén poderá descargarse os documentos necesarios no apartado de Formularios da web.

Se ten calquera dúbida ao respecto dos pasos a seguir Contacta coa FREMAP aquí ou a través do número da FREMAP Asistencia:

+34 91 919 61 61

Trámites

Países da Unión Europea (UE), Espazo Económico Europeo e Suíza:

  1. A empresa ou traballador asociado á FREMAP deberá tramitar ante calquera Delegación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social o formulario TA.300.

  2. A empresa ou traballador terá que solicitar a Tarxeta Sanitaria Europea en calquera dos centros de atención e información do INSS (Instituto Nacional da Seguridade Social). A súa emisión é inmediata, previa identificación persoal.

    UE: Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, República Checa, Chipre, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, Romanía e Suecia.

    EEE: Islandia, Liechtenstein e Noruega.

    Suíza: só para traballadores con nacionalidade da Unión Europea.

Países NON comunitarios con Convenio Bilateral:

  1. A empresa ou o traballador asociado á FREMAP, antes do desprazamento, deberá tramitar ante calquera Delegación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social o formulario TA.300 e ante a Tesouraría Xeral da Seguridade Social o formulario correspondente ao país de destino.

    Andorra, Arxentina, Australia, Brasil, Canadá, Chile, Colombia, Ecuador, EUA, Filipinas, Marrocos, México, Paraguai, Perú, República Dominicana, Rusia, Tunisia, Turquía, Ucraína, Uruguai e Venezuela.

  2. Recoméndase á empresa/traballador que concerte un seguro privado con coberturas por continxencias comúns, o cal asumirá o custo da asistencia sanitaria para os casos sen posibilidade de reintegro por parte da Mutua.

Táboa de descarga de documentación para desprazados
Documento Formato Idioma Peso
TA.300 Traballadores Desprazados. Solicitude de Información Sobre a Lexislación de Seguridade Social Aplicable en formato pdf

Descarga do documento en formato PDF por idioma:

TA.300 en castelán TA.300 en catalán TA.300 en éuscaro TA.300 en galego TA.300 en valenciano
253 KB
Formularios de Traballadores Desprazados páxina html externa

Ligazón nunha nova xanela á web da Seguridade Social para ver a información sobre traballadores desprazados por idiomas:

Formularios de Traballadores Desprazados en castelán Formularios de Traballadores Desprazados en catalán Formularios de Traballadores Desprazados en éuscaro Formularios de Traballadores Desprazados en galego Formularios de Traballadores Desprazados en valenciano
253 KB

Asistencia Sanitaria no Estranxeiro

  1. Países membros da UE, o EEE, Suíza ou con convenio bilateral de asistencia sanitaria (Andorra, Brasil, Chile, Marrocos, Perú e Tunisia):

    Todo traballador que sufra un accidente de traballo nos devanditos países e precise de asistencia sanitaria de urxencia debe:

    • Acudir a Centros sanitarios públicos.
    • Presentar a Tarxeta sanitaria Europea (TSE).

    Cumpridos estes requisitos, o traballador non debe aboar a asistencia recibida xa que a factura que a asistencia xerase canalizarase a través dos organismos que proceda, como por exemplo o INSS en España.

    Situacións que poden darse:

    • Traballador que acode a centro público e non presenta tarxeta sanitaria: O traballador ou empresa aboará a factura sen prexuízo do seu posterior reembolso pola FREMAP, previa presentación de documentación ao xestor.
    • Traballador acode a centro privado e presenta tarxeta sanitaria: O pagamento pola asistencia recibida corresponderalle ao traballador ou empresa, non procedendo o reembolso. Exceptúanse os casos de urxencia vital.
    • Traballador acode a centro privado e non presenta tarxeta sanitaria: O pagamento pola asistencia recibida corresponderalle ao traballador ou empresa, non procedendo o reembolso. Exceptúanse os casos de urxencia vital.
  2. Países con convenio bilateral sen inclusión de asistencia sanitaria (Arxentina, Australia, Canadá, Colombia, EUA, Filipinas, Xapón, Marrocos, (agás traballadores da devandita nacionalidade) México, Paraguai, Perú, República Dominicana, Rusia, Tunisia (agás traballadores de nacionalidade tunesina); Turquía; Ucraína, Uruguai e Venezuela).

    O traballador que sufra un accidente de traballo nos devanditos países e precise de asistencia sanitaria de urxencia debe:

    • Acudir a Centros públicos.
    • Aboar o importe da asistencia sanitaria recibida.
    • Poderá solicitar, previa documentación acreditativa da asistencia médica, o reembolso á Mutua.

    Se ten calquera dúbida ao respecto dos pasos a seguir Contacta coa FREMAP aquí ou a través do número da FREMAP Asistencia:

    +34 91 919 61 61

Repatriación Sanitaria

Só procederá a repatriación sanitaria nos casos en que o servizo médico da FREMAP así o considere, asumindo FREMAP o custo dos gastos que se orixinen con motivo da repatriación realizada.

Tanto o medio de transporte en virtude do que se ten que realizar a repatriación sanitaria como o momento en que o traslado se pode efectuar, será sempre decidido polo persoal médico da Mutua.

Se ten calquera dúbida ao respecto dos pasos a seguir Contacta coa FREMAP aquí ou a través do número da FREMAP Asistencia:

+34 91 919 61 61

Preguntas Frecuentes

  • Cóbrense os gastos dos familiares no caso de que acompañen o traballador accidentado durante a repatriación?

    NON. Nestes casos infórmase o familiar de que ten que quedar coas facturas e presentalas ao tramitador para que, se procede, o presente ao fondo de prestacións especiais de FREMAP.

  • Cóbrense asistencias médicas que non sexan de urxencia?

    EN PRINCIPIO NON, debendo o traballador accidentado gardar facturas dos gastos que teña para despois presentalos ao tramitador. Non obstante a Responsable do Servizo canda o tramitador valorará a situación do caso e decidirán se procede ou non cubrir a asistencia.

  • En avión sanitario, pode acompañar o accidentado algún familiar?

    Dependerá da propia compañía aérea que xestiona a repatriación. Por regra xeral e dada as características deste tipo de avións non é aconsellable o acompañamento.

  • Procede a repatriación sanitaria nos casos en que o traballador estea de baixa médica pero non hai criterio medico que o xustifique?

    Se o traballador pode recibir tratamento no estranxeiro e o médico da mutua entende que non hai motivos médicos que xustifiquen a repatriación esta non terá lugar.

Información sobre documentos PDF: Para poder visualizar correctamente os arquivos PDF cómpre que teña instalado o programa Acrobat Reader Esta ligazón abrirase nunha nova ventá de Adobe.