Autónomos

Xestión da Saúde

Contido da páxina

Na FREMAP traballamos para conservar a túa saúde.

O noso obxectivo é previr os accidentes de traballo e curar as lesións que producen.

Medios

Humanos, dispomos de profesionais de alta capacitación que garanten o benestar dos traballadores asegurados na Mutua.

Hospital de Majadahonda

A infraestrutura de FREMAP, conta a maior rede asistencial con máis de 200 centros distribuídos por todo o país, entre eles, catro hospitais (Majadahonda, Sevilla, Barcelona e Vigo), catro hospitais de día (Valladolid, Jerez de la Frontera, Málaga e Zaragoza) e os centros intermutuais de Valencia e Bilbao.

Tecnolóxicos, aplicamos os máis avanzados tratamentos e probas médicas para a mellora da túa saúde.

Formación

A formación continua dos profesionais da saúde é unha aposta da FREMAP para levar a cabo técnicas contrastadas pola súa efectividade no tratamento dos accidentados.

Os hospitais de FREMAP organizan congresos, cursos e xornadas aos que asisten persoal propio e alleo á Mutua. Coidamos o aspecto docente no ámbito da formación sanitaria, estando acreditados para formar Médicos Internos Residentes (MIR) en Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía no Hospital de Majadahonda.

Recibimos MIR de diferentes especialidades, nacionais e internacionais, que realizando o seu programa de formación noutros centros médicos, elixen FREMAP para formarse en campos específicos da súa especialidade.

Tratamento ao paciente

Na FREMAP lévase a cabo un tratamento individualizado e integral do accidentado que permite unha rápida incorporación do traballador ao seu posto laboral.

Tratamento integral do paciente

Conxugamos eficiencia e eficacia no tratamento dos nosos accidentados para conseguir unha pronta reincorporación ao seu posto de traballo.

A readaptación profesional proporciona ao accidentado a formación necesaria para regresar ao mundo laboral, se as secuelas do accidente ou a enfermidade profesional resultaron invalidantes para desempeñar o seu anterior traballo.