Coñécenos

Risco Durante o Embarazo e Risco Durante a Lactación Natural

Contido da páxina

Existe risco cando as condicións dun posto de traballo poden influír negativamente na saúde da traballadora embarazada ou do feto ou, no suposto de lactación, do fillo menor de 9 meses. Estas condicións comportan a imposibilidade para continuar no posto de traballo, sendo a empresa a que pon de manifesto a existencia do risco específico de exposición a través da avaliación de riscos do posto. Non trátase dun proceso automatizado, senón que se precisa un estudo individual de cada caso.

Beneficiarias

Serán beneficiarias as traballadoras por conta allea e por conta propia, incluídas as que desenvolven o seu traballo a tempo parcial, que se encontren afiliadas e en alta nalgún dos réximes do sistema da Seguridade Social na data en que se inicie a suspensión do contrato de traballo por Risco Durante o Embarazo ou a Lactación Natural.

Pasos que hai que seguir

  • A traballadora debe comunicar ao empresario a súa situación de embarazo ou lactación natural, para o cal deberá solicitar ao Servizo Público de Saúde un informe médico en que se manifeste a súa situación de muller embarazada e data probable do parto.
  • O empresario deberá adoptar as medidas preventivas necesarias para evitar que o risco exista. Se isto non fóra posible, a empresa, deberá cambiar de posto de traballo á traballadora (esta solución comporta unha bonificación do 50 %da cotización empresarial por continxencias comúns das cotas reportadas durante o período de permanencia no novo posto de traballo).
  • Cando a adaptación non resultase posible ou, a pesar de tal adaptación, as condicións do posto de traballo puidesen influír negativamente na saúde da traballadora embarazada, do feto ou do fillo lactante, a traballadora deberá solicitar á FREMAP o certificado de risco de embarazo, que xustifica a necesidade do cambio de posto de traballo.
  • A empresa deberá cambiar a traballadora de posto de traballo, destinandoa a un compatible coa súa situación de embarazo ou lactación. De non resultar iso posible, procederá a suspensión da relación laboral e a interesada solicitará á FREMAP o recoñecemento da prestación económica.

Non debemos confundir as situacións de Risco Durante o Embarazo ou Lactación Natural con outros supostos en que a imposibilidade para realizar o traballo por parte da interesada, proveña de circunstancias alleas ao seu traballo ou de doenzas que precisen un tratamento médico, en cuxo caso a prestación que lle correspondería sería a de Incapacidade Temporal por Enfermidade Común.

Prestación económica

Corresponde ao 100 %da Base Reguladora de continxencias profesionais. O dereito ao subsidio nace o mesmo día en que se inicia a suspensión de contrato. A prestación de risco, finalizará:

  • O día anterior a aquel en que se inicie o descanso por maternidade.
  • Se se produce a incorporación ao posto.
  • O día anterior a cumprir o fillo 9 meses (lactación natural).
  • Cando se extingue o contrato de traballo.