Coñécenos

Principais características

Contido da páxina
  • Non teñen ánimo de lucro. Se como resultado da xestión que realiza unha Mutua, os ingresos son maiores que os gastos, a diferenza devólvese á Seguridade Social. Este superávit de ingresos denomínase excedentes e non beneficios, como se coñecen nunha compañía privada
  • A asociación das empresas, públicas ou privadas, é voluntaria. A empresa pode elixir libremente a que Mutua asociarse ou mesmo se quere que estas continxencias sexan cubertas pola propia Seguridade Social
  • Están tuteladas polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social. Requiren da súa autorización para constituírse. A súa administración económica depende dos Orzamentos Xerais do Estado e as súas contas son anualmente auditadas polo citado Ministerio
  • Para constituírse deben limitar a súa actividade á colaboración anteriormente sinalada, contar como mínimo con 50 empresarios asociados e 30.000 traballadores protexidos e cun volume de cotas non inferior ao que legalmente se determine (na actualidade 9 millóns de ) e, finalmente, prestar unha fianza que se determina en función do volume de cotas a cobrar