Coñécenos

Equipo FREMAP

Contido da páxina

FREMAP ten un cadro de persoal de aproximadamente 4.000 empregados que prestan os seus servizos en máis de 200 centros distribuídos por todo o país.

Equipo FREMAP

Como reflexo dos principios recollidos na Cultura de Empresa, no Código de Conduta e nas políticas de Recursos Humanos impulsados estratexicamente pola Entidade, o perfil dos empregados da FREMAP está caracterizado polos seguintes trazos:

  • Profesionalidade: Froito da formación, da experiencia e do desenvolvemento profesional contemplado nas políticas de xestión de Recursos Humanos.
  • Atención Integral: Promovida desde a colaboración e a comunicación entre as diferentes áreas implicadas na prestación do servizo (Área de Prevención, Área Sanitaria e Área de Xestión) co obxectivo lograr unha atención personalizada e coordinada cara aos pacientes, as empresas mutualista e os colaboradores.
  • Vocación de servizo: Conscientes da sensibilidade e do coidado cos que se debe acometer a prestación dun servizo excelente.

Convencida de que o compromiso dos seus empregados con eses valores constitúe a base do seu liderado, FREMAP procura un medio que acentúe o sentimento de pertenza a través das condicións laborais, do coidado da saúde laboral e de actuacións que favorecen o desenvolvemento profesional e persoal.

Selección e acollida

Coa finalidade de contar cos mellores profesionais, a incorporación de novos empregados á FREMAP lévase a cabo seguindo os criterios de transparencia, obxectividade e o principio de igualdade de oportunidades. Unha vez no equipo, coidamos a súa integración con formación, información e proximidade.

FREMAP dispón dun formulario en liña a través do que os candidatos poden introducir o seu Curriculum Vitae, e participar nos procesos de selección que se organicen.

Estabilidade no emprego

FREMAP promove a contratación con vocación de permanencia, garantindo un marco laboral estable que facilita o desenvolvemento persoal e profesional.

Formación

Os empregados de FREMAP participan da súa política de formación continua, de acordo coas súas necesidades, os obxectivos da empresa e a busca permanente do desenvolvemento das súas aptitudes.

Desenvolvemento profesional

FREMAP propicia para os seus empregados unha cultura de crecemento profesional e de asunción paulatina de responsabilidades asociadas ao posto de traballo:

  • Os postos de responsabilidade nútrense da promoción interna dos profesionais da FREMAP.
  • Os postos de xestión pasan por varias etapas asociadas á evolución en coñecementos, experiencia e habilidades dos profesionais.
  • O Colectivo Sanitario da FREMAP ten o recoñecemento da súa profesionalidade e do seu desenvolvemento a través das Carreiras Profesionais.

Participación dos empregados na xestión da Entidade

FREMAP promove a presenza dos seus empregados nas comisións e nos grupos de traballo que se constitúen como medio para a mellora da xestión da entidade, integrando nas súas actuacións as ideas e as iniciativas daqueles.

Así mesmo preocúpase por dispor das mellores canles para propiciar que as comunicacións e os intercambios de información sexan fluídos en toda a Organización.

Dimensión social

  • FREMAP potencia o apoio ás persoas discapacitadas, procurando a súa readaptación física e a súa reinserción laboral, comprometendose, ademais a outorgarlles preferencia no emprego da Entidade e a facilitar a accesibilidade ás súas instalacións.
  • FREMAP fomenta a igualdade de oportunidades e a diversidade, rexeitando calquera discriminación por motivos de nacionalidade, sexo, raza, relixión ou factores de tipo social, económico, ideolóxico, político ou sindical.
  • FREMAP mellora a calidade de vida dos seus empregados, adoptando políticas para conciliar a vida familiar e profesional.
  • FREMAP coida a saúde dos seus empregados, previndo os riscos laborais como parte da xestión integral da empresa e procurando un medio de traballo seguro e saudable.
  • FREMAP comprométese a promover en todos os empregados un maior grao de solidariedade, responsabilidade e participación social a través da Comisión de Acción Social, cuxas accións implican estratexicamente a toda a Entidade no coidado de colectivos desfavorecidos.