Empresas

Xestión do Absentismo

Contido da páxina

As perspectivas de crecemento a longo prazo dunha economía dependen da evolución da súa produtividade. A importancia da produtividade increméntase ao aumentar a integración entre mercados.

Diminuír o absentismo laboral é un dos principais obxectivos que se fixan hoxe en día as empresas españolas.

FREMAP dispón dunha ÁREA DE XESTIÓN DO ABSENTISMO que desenvolve conxuntamente coas empresas asociadas un programa de actuacións cun dobre enfoque:

Diagnostica a situación da empresa

  • Pondo á súa disposición informes de absentismo que lles permiten ter unha visión global sobre o seu absentismo médico así como a comparativa co sector ao que pertence, por Comunidade Autónoma e un conxunto amplo de variables de análise.
  • A través dos informes de custos de absentismo que FREMAP achega á empresa, esta poderá cuantificar os custos directos que lle supoñen as baixas por continxencia común e profesional.

Propón solucións á empresa

  • Solucións deseñadas en función das especiais características da empresa analizadas conxuntamente entre o equipo multidisciplinar da FREMAP e cada organización empresarial.
  • Solucións dirixidas ás empresas, entendendo que o absentismo é un fenómeno multicausado vinculado á propia actitude dos traballadores en que interveñen factores de tipo laboral, social e o propio sistema de Seguridade.

Traballadores FREMAPEn definitiva, solucións para a xestión do absentismo integral tendo en conta que de acordo ao regulamento de colaboración da xestión das Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais aprobado polo RD 1993/1995 do 7 de decembro en pdfEsta ligazón abrirase nunha ventá emerxente, as accións da Mutua limítanse só ao absentismo médico.

Información sobre documentos PDF: Para poder visualizar correctamente os arquivos PDF cómpre que teña instalado o programa Acrobat Reader Esta ligazón se abrir´ nunha nova xanela de Adobe.