Empresas

Colaboramos Empresas de Transporte

Contido da páxina

Queremos colaborar coa túa Empresa para que poida percibir o que lle corresponde por Administración Complementaria.

Que é?

Consiste nunha contraprestación a satisfacer as Empresas polas Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social, polos servizos de administración complementaria, por uso efectivo e por si mesmo do Sistema RED.

Está regulador por:

Contrato de Colaboración

Para aboar a contía establecida en concepto de contraprestación, cómpre celebrar un contrato escrito, ben sexa con persoa física, xurídica ou empresa, en que se especifiquen os servizos concretos en que se materializará a colaboración.

Nós facilitámosche o Contrato de Colaboración.

Es Empresa do Sector Transporte?

Empresas do Sector do Transporte (Disp. Adicional Quinta Orde TAS/3859/2007)

  • Quen: As empresas que, individualmente consideradas, non superen en número de 250 traballadores, co CNAE de "Transporte de mercadorías por estrada" e "Transporte público discrecional de viaxeiros" poderán asociarse, a estes exclusivos efectos, con outras empresas do sector para cumprir o requisito da ratio de traballadores.
  • Requisito: Presentar un documento onde se relacionen as empresas asociadas que se agrupan para este fin, canda o CIF e o número de autorización de RED por que transmiten, por si mesmas, de cada unha delas.

Contía

Os pagamentos que hai que satisfacer pola Mutua ás Empresas por Administración Complementaria, baséanse nas seguintes porcentaxes:

TIPO CONTINXENCIA
COLECTIVO SEGURIDADE SOCIAL ACCIDENTE TRABALLO
CONTA ALLEA (EMPRESAS) 3% (1)

(1) Das cotas do seu CIF/NIF

Información sobre documentos PDF: Para poder visualizar correctamente os arquivos PDF cómpre que teña instalado o programa Acrobat Reader Esta ligazón se abrir´ nunha nova xanela de Adobe.