Empresas

Risco Durante o Embarazo e Risco Durante a Lactación Natural

Contido da páxina

Situación

A traballadora manifesta estar embarazada e as condicións do seu posto de traballo poden influír negativamente á súa propia saúde ou á do feto.

Primeiro contacta coa FREMAP para valorar a situación

O teu xestor persoal da FREMAP vaiche explicar como actuar:

  • A túa traballadora deberá solicitar á FREMAP o recoñecemento médico do risco durante o embarazo, a través do seguinte Formulario (Solicitude de Certificado Médico) en pdfEsta ligazón abrirase nunha ventá emerxente.
  • O noso médico atenderá en consulta a túa traballadora e valorará a súa situación coa documentación achegada.
  • O noso médico emitirá, se é o caso, o certificado recoñecedor da existencia de risco.

Co certificado médico emitido pola FREMAP

  • Debes adaptar as condicións do posto de traballo para que este non supoña un risco.
  • Se non é posible, debes cambiar de posto de traballo á túa empregada.

Se finalmente non che é posible adoptar ningunha das medidas anteriores, podes propiciar que a traballadora solicite a prestación económica.

Solicitude da prestación

O teu xestor persoal da FREMAP vaiche explicar que pasos dar a continuación:

  • A túa traballadora solicitará á FREMAP a prestación económica a través do seguinte Formulario (Solicitude da Prestación Económica) en pdfEsta ligazón abrirase nunha ventá emerxente.
  • FREMAP recoñecerá o dereito a partir da data en que ti suspendas o contrato de traballo á túa traballadora.

Risco Durante o Embarazo e Risco Durante a Lactación Natural: Saber máis

Pomos á túa disposición información adicional acerca da cobertura que presta FREMAP en casos de Risco Durante o Embarazo e Risco Durante a Lactación Natural.

Información sobre documentos PDF: Para poder visualizar correctamente os arquivos PDF cómpre que teña instalado o programa Acrobat Reader Esta ligazón abrirase nunha nova ventá de Adobe.

​​​​​