Traballadores

Risco Durante o Embarazo e Risco Durante a Lactación Natural

Contido da páxina

Situación: Estás embarazada e cres que as condicións do teu posto de traballo poden influír negativamente á túa propia saúde ou á do feto.

Primeiro contacta coa FREMAP para valorar a situación

O teu xestor persoal de FREMAP​ vaiche a explicar como actuar:

  • Deberás solicitar á FREMAP o recoñecemento médico do risco. Formulario Solicitude
  • O noso médico atenderate en consulta e valorará a túa situación canda a documentación achegada.
  • O noso médico emitirá, se é o caso, o certificado recoñecedor da existencia de risco.

Co certificado médico emitido pola FREMAP

  • A túa empresa debe adaptar as condicións do teu posto de traballo para que este non supoña un risco.
  • Se non é posible, a túa empresa procurará cambiarte de posto de traballo a outro que poidas desempeñar e que non supoña un risco.

Se finalmente non é posible adoptar ningunha das medidas anteriores, podes, de acordo coa túa empresa, solicitar a prestación económica.

Solicitude da prestación

O teu xestor persoal da FREMAP vaivos explicar que pasos dar a continuación:

  • Solicitude á FREMAP da prestación económica. Formulario Solicitude da Prestación en pdfEsta ligazón abrirase nunha ventá emerxente
  • FREMAP recoñecerá o dereito a partir da data en que a túa empresa che suspenda o contrato de traballo.

Risco Durante o Embarazo e Risco Durante a Lactación Natural: Saber máis

Pomos á túa disposición información adicional acerca da cobertura que presta FREMAP en casos de Risco Durante o Embarazo e Risco Durante a Lactación Natural.

​​