Traballadores

Readaptación Profesional

Contido da páxina

Que é a Readaptación Profesional?

É un programa individualizado de Orientación e Formación Profesional, que se dá aos traballadores afectados por Accidente de Traballo ou Enfermidade Profesional, reducíndose así as súas consecuencias e promovendo a integración laboral.

Como acceder?

Póndose en contacto coa Traballadora Social de referencia e solicitando a devandita formación.

No Hospital de Majadahonda realizarase a Valoración e Orientación Profesional de cada un dos candidatos aos cursos.

Quen pode solicitar a prestación?

Os traballadores das empresas mutualistas da FREMAP ou quen o sexan por conta propia que estean asociados á mesma, que sufrisen un Accidente de Traballo ou Enfermidade Profesional.

Onde facer a Readaptación Profesional?

  • HOSPITAL DE MAJADAHONDA,
    Servizo de Readaptación Profesional.
    Carretera de Pozuelo, 61.
    28222 MAJADAHONDA (Madrid)
  • Teléfonos: 91 626 55 00 / 91 626 57 65
  • Fax: 91 626 59 36

Cursos dispoñibles

  • ATENCIÓN TELEFÓNICA
  • CALIDADE INDUSTRIAL
  • CARPINTARÍA DE ALUMINIO
  • CONTABILIDADE. SAP-ERP
  • DESEÑO GRÁFICO
  • EBANISTARÍA
  • ELECTRICIDADE INDUSTRIAL
  • FLORARÍA
  • XESTIÓN ADMINISTRATIVA
  • XARDINARÍA
  • MECÁNICA RÁPIDA DO AUTO
  • RESTAURACIÓN DE MOBLES
  • SOLDADURA
  • ZAPATARÍA
  • FORMACION COMPLEMENTARIA: Matemáticas, Debuxo, Xeometría, Lingua e Ortografía.

O 75% dos nosos alumnos encontran un primeiro emprego!!

Curso de Readaptación Profesional