Traballadores

Traballo Social

Contido da páxina

Cando sofres un accidente de traballo, a túa dinámica social e a do teu medio altérase.

Ademais dunha axeitada atención sanitaria, necesitarás unha serie de axudas sociais que minimicen os efectos que o accidente che xerou.

Que é o Traballo Social na FREMAP?

Todas as actuacións de axuda ao paciente realizadas dentro do campo sociosanitario:

  • Análise dos factores sociais que inflúen na situación saúde-enfermidade do paciente.
  • Tratamento das situacións de malestar psicosocial xurdidas pola perda de saúde.
  • Colaboración no proceso de recuperación ata conseguir a maior autonomía posible do paciente e axeitalo ao medio nas condicións máis óptimas.

Como o realizamos?

Unha das nosas traballadoras sociais ocúpase persoalmente de ti e actúa e intervén garantindo a continuidade asistencial de forma paralela ao tratamento médico, facilitando a información e orientación profesional oportuna en cada caso.

Que valores achegamos?

  • Axudamos a resolver os problemas que se producen como consecuencia de Accidente de Traballo ou Enfermidade Profesional e / ou que poidan verse agravados polo mesmo.
  • Contribuímos a reducir ou paliar a incidencia do Accidente de Traballo ou Enfermidade Profesional no medio psicosocial do paciente, evitando que se produzan problemas engadidos.
  • Colaboramos na recuperación integral dos traballadores accidentados, especialmente daqueles cun diagnóstico de gravidade ou previsión de incapacidade permanente.
  • Informamos e orientamos os familiares dos pacientes, sobre funcións e recursos da Mutua, así como doutros recursos que puidesen existir a nivel comunitario, local ou autonómico.
  • Facilitamos na medida do posible, a reincorporación do accidentado ao seu posto de traballo habitual ou a outra actividade laboral, acorde coas súas limitacións, fomentando nestes casos a Formación Profesional.
  • Asesoramos os pacientes e os familiares dos traballadores falecidos, como consecuencia de Accidente de Traballo ou Enfermidade Profesional, de cara a obter as prestacións legais e as axudas sociais que outorga a Mutua, así como aquelas que puidesen ter dereito por outros organismos ou entidades públicas ou privadas. Actuando ademais como nexo de unión entre familia e Mutua.
  • Informamos empresas, traballadores e organizacións sindicais das axudas sociais que outorga a Comisión de Prestacións Especiais, cando así sexa requirido.
  • Colaboramos coas empresas mutualistas, nas accións encamiñadas á redución do absentismo e para resolver os problemas sociais dos seus traballadores, naqueles casos puntuais en que se solicite a colaboración do Traballador Social.
  • Orientamos os pensionistas dos trámites que precisen para a obtención dos diferentes certificados e prestacións públicas como consecuencia da súa situación de invalidez.

Quen se pode beneficiar deste servizo?

Os traballadores das empresas mutualistas da FREMAP, e familiares dos mesmos, que sufrisen un Accidente de Traballo ou Enfermidade Profesional, que posúan unha cualificación de grave, ben pola propia gravidade das súas lesións, ou ben pola previsión da duración da baixa, superior a 120 días, ou ben ser susceptible de incapacidade permanente, en calquera dos seus graos.

Tamén serán atendidos aqueles casos de Accidente de Traballo con prognóstico médico leve ou en situación de incapacidade temporal por Enfermidade Común que sigan tratamento nos nosos servizos médicos e para os que se entenda axeitada a intervención do Traballo Social.

Descargar o tríptico de traballo social en formato pdfEsta ligazón abrirase nunha nova ventá